De luns a venres
de 10:00 a 15:00

946 187 072

Buscador

Receitas

Agasallos

Formato económico

Formato familiar

cociña duada

Come san

VENTRESCA


CLUBE CAMPOS, TENDA DE PRODUCTOS GOURMET; VENTRESCA DE BONITO DO NORTE

Da familia dos túnidos, a ventresca do bonito do norte é unha das súas variedades de maior calidade, pois caracerízase por ter un exquisito sabor e unha textura máis suave que a do resto da súa especie. A súa captura ten lugar no Golfo de Vizcaya, onde a flota de baixura do Cantábrico pesca bonito do norte, para despois vendelo na lonxa, e trasladarse o máis fresco posible ós mercados ou para ser procesado pola industria conserveira que é a que elabora a ventresca.

A captura do bonito do norte remóntase a varios séculos atrás, cando as embarcacións dos portos cantábricos botábanse ó mar empregando pequenos botes con remos e vela (chalupas) e pescaban o prezado exemplar azul coa arte do curricán ou da cacea. Tradicionalmente, éste ten sido o estilo máis empregado polos mariñeiros do norte de España para pescar bonito do norte, ata que, a mediados deste século, apareceu unha nova arte chamada cebo vivo.

O bonito do norte e a súaventresca provén da pesca de baixura da flota do Cantábrico. Estos barcos que pescan a anzol os bonitos faenan dende a costa do cantábrico ata as costas irlandesas.

A pesca do bonito realízase na Costeira, de xullo a outubro, cando o bonito do norte está no seu punto óptimo para ser capturado e consumido. Malia existir notables diferenzas, entre os consumidores existe un alto grado de confusión entre o bonito do Norte e a súa parte máis prezada: a ventresca.

A distinción culinaria máis notable é que a carne da ventresca é máis saborosa e a súa textura é moi suave. Por outro lado, a cor da ventresca é moito máis branca e a do bonito do norte é unha variedade de calidade intermedia. Normalmente atopamos o bonito do norte en moitas das conservas do mercado e caracterízase por teres un aspecto máis rosado.

Desfruta da ventresca elaborada coa tradición conserveira apañada por Campos dende 1921. A parte máis prezada do bonito do norte é envasada co saber facer para que sexa degustada toda a súa suavidade e sabor inconfundibles. Provén da parte do ventre do peixe e a súa delicada carne laminada ten de ser traballada con moito coidado e esmero.

Descubre a ventresca condimentada con aceite de oliva que permite desfrutar do bonito empacado a man cunha impecable presenza e o saber facer máis tradicional.

 


Sitemap


Produtos Gourmet | Produtos Delicatessen | Delicatessen Tenda | Peixe conxelado | Conservas de peixe | Estañado | Atún | Ventresca | Bonito do Norte | Alimentación saudable | comida fácil | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | |

< >