De luns a venres
de 10:00 a 15:00

946 187 072

Buscador

Receitas

Agasallos

Formato económico

Formato familiar

cociña duada

Come san

LATA DE CONSERVAS


CLUBE CAMPOS, TENDA DELICATESSEN DE LATAS DE CONSERVAS DE PEIXE


As tradicionais latas de conserva son o método máis seguro de conservación de alimentos. Neste proceso de esterilización ou conservación destrúense todas as bacterias responsables de que se estrague a comida. E para iso as latas de conserva non precisan da axuda de nengún conservante nen aditivo, é o propio proceso de esterilización o que o acada. Destrúe as bacterias porén mantén todas as vitaminas e nutrintes do peixe e do aceite empregado.

Outra das grandes virtudes das latas de conserva é que non caducan. Unha conserva ben fechada e esterilizada non permite que o contido fique contaminado por moitos anos que pasen. Nas nosas latas de conserva indicamos a data de consumo preferente (que non data de caducidade), porque é o prazo no que garantimos que o producto mantén a apariencia, a textura o gosto dentro dos estándares fixados, pero o consumo dunha latas de conserva despois da data de consumo preferente non entraña nengún risco se a lata está en perfectas condicións (non se furou;, manténse fechada).

As latas de conserva estráganse cando a lata presenta un poro ou recibíu un golpe nalguna zona que lle fixera perder a estanqueidade e nese caso, ó estragarse o contido a lata aboiase (parece que vai estoupar). Nunca deberá consumirse unha lata aboiada. Por último, trátase dun envase 100 % reciclable.

O proceso de elaboración das latas de conserva tanto en lata coma en frascos de vidro ten variado pouco na historia. Básicamente faise o mesmo que vai un século. Selecciónase o atún ou bonito a traballar, córtase dun ou doutro xeito dependendo do producto ó que vai dirixido, cócese, límpase de pel e espiñas e procédese ó empacado. Empacar é a acción de meter o peixe na lata ou frasco. Algunhas produccións fanse manualmente, como por exemplo no caso dos frascos de vidro ou nas latas más pequenas. Outras veces empácase coa axuda de máquinas que cortan a porción de peixe exacto e métenno na lata. Unha vez fechado o envase débese esterilizar canto antes e deste xeito garantimos a inocuidade das latas de conserva.

Unha vez esterilizado procédese á etiquetaxe e empaquetado das latas de conserva, colócanse nunha bandexa, en caixaa e xa están listas para saír á venda.

Todo o proceso está suxeito a exhaustivos controis de calidade, dende a recepción do peixe e o resto de integrantes da conserva (aceite, a propia lata, etc), analízase e supervísase para que todo esté correcto. Unha vez iniciada a producción os controis de calidade continúan a pé de liña, controlando os pesos e demais variables afectadas. Unha vez esterilizado e fechado o producto os controis e analíticas continúan para dar garantía ás latas de conserva que van ó mercado. A industria alimentaria está fortemente lexislada dado o risco que entrañaría levar a cabo prácticas non axeitadas na manipulación de alimentos para a poboación. Ademais existen unha serie de certificacións de calidade que normalizan a producción alén da propia lexislación e en Campos cumprimos cos estándares máis elevados dende o punto de vista da calidade do mercado mundial.


En latas de conserva ofrecémosche o abano de productos CAMPOS, a gama de atún claro máis completa. Formatos que melloran e manteñen as cualidades gastronómicas do atún claro, cunha coidada elaboración, especialmente preparado para atender as necesidades dos nosos clientes.

As latas de conserva artesanais de Campos  están traballadas a man en campaña.  Deste xeito, da parte más prezada do bonito extráese a ventresca, comercializanse os filetes de Xarda do Sur e para as tapas dos clientes máis selectos temos a gama máis exquisita de Especialidades das Rías Galegas: mexillóns de grande calibre, ameixas, navallas ou berberechos.


Sitemap


Produtos Gourmet | Produtos Delicatessen | Delicatessen Tenda | Peixe conxelado | Conservas de peixe | Estañado | Atún | Ventresca | Bonito do Norte | Alimentación saudable | comida fácil | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | |

< >