De luns a venres
de 10:00 a 15:00

946 187 072

Buscador

Receitas

Agasallos

Formato económico

Formato familiar

cociña duada

Come san

BONITO DO NORTE


CLUBE CAMPOS, TENDA DE PRODUCTOS GOURMET; CONSERVAS E CONXELADOS DE BONITO DO NORTE


Da familia dos túnidos, o bonito do norte é unha das súas variedades de maior calidade, pois caracterízase por teres un exquisito sabor e unha textura máis suave ca do resto da súa especie. A súa captura ten lugar no Golfo de Vizcaya, onde a flota de baixura do Cantábrico pesca bonito do norte, para despois vendelo na lonxa, e trasladalo o máis fresco posible ós mercados ou para ser procesado pola industria conserveira.

A captura do bonito do norte remóntase a varios séculos atrás, cando as embarcacións dos portos cantábricos botábanse ó mar empregando pequenos botes con remos e vela (chalupas) e pescaban o prezado exemplar azul co arte do curricán ou a cacea. Tradicionalmente, este ten sido o estilo máis empregado polos mariñeiros do norte de España para pescar bonito do norte, ata que, a mediados deste século, aparece un novo arte chamado cebo vivo.

O bonito do norte provén da pesca de baixura da flota do Cantábrico. Estos barcos que pescan a anzol os bonitos faenan dende a Costa do cantábrico ata as costas irlandesas.

A pesca del realízase pola Costera, de xullo a outubro, cando o bonito do norte está no seu punto óptimo para ser capturado e consumido. A pesar de existires notables diferenzas, entre os consumidores existe un alto grado de confusión entre o bonito do Norte e o atún.

A diferenza culinaria máis notable é que a carne do bonito do norte é máis saborosa e a súa textura é a máis suave. Por outra banda, a cor é moito máis branca que a do resto dos túnidos. O que coñecemos como atún claro é unha variedade de calidade intermedia e caracterízase por teres un aspecto máis rosadiño.

Desfruta do bonito do norte elaborado coa tradición conserveira apañada por Campos dende 1921. A ventresca é a parte máis prezada do bonito do norte e é envasada co saber facer para que sexa degustada toda a súa suavidade e sabor inconfundibles. Provén da parte do ventre do peixe e a súa delicada carne laminada ten que ser traballada con moito coidado e esmero.

Descubre o bonito do norte acompañado de pementos do piquillo e condimentado con aceite de oliva que permite desfrutar do bonito empacado a man cunha impecable presenza e o saber facer máis tradicional.


Sitemap


Produtos Gourmet | Produtos Delicatessen | Delicatessen Tenda | Peixe conxelado | Conservas de peixe | Estañado | Atún | Ventresca | Bonito do Norte | Alimentación saudable | comida fácil | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | |

< >